Nos tres lugaris, na Estremadura española, é onde se centra a polémica da que tanto se ten falado nestes últimos días, con motivo da reacción do goberno estremeño, ao meu parecer esaxerada, a conta dunha iniciativa do goberno galego a prol do uso de A Fala en terras de Cáceres.

Non lembraba onde, pero eu sabía que os tiña por algures, uns pequenos videos de paisanos deses lugares falando a súa língua, así que estiven a facer arqueoloxía dixital por entre os bits dos discos duros que teño ciscados por aí e, ao final, eis que os atopei, creei unha conta de usuario no youtube e aí os están.


Deste paisano sabemos que é de San Martín de Trebello, o máis grande que hai no mundo, e non digades que ata que non di que é do norte de Estremadura, máis dun filólogo está a cavilar de onde carallo saiu este home. Nos outros dous videos xa non nos deixan pista algunha, así que se alguén ten máis información, que faga o favor de deixar unha notiña ao pé.



Os arquivos orixinais conforme os tiña baixado están aquí, acó e mais acolá e son dos tempos en que o único xeito de sair á rede era a través dun modem, así que copieinos sen máis detalles. Se alguén coñece a súa orixe, que deixe unhas liñas para que leve o mérito de ter rexistrado estas xoíñas.

E que, despois de escoitar a estas xentes, cavilemos se nós, como galegos, non podemos ter unha, por pequenecha que sexa, unha obriga moral de botarlle un cabo a esta xente a defender a súa Fala. Polo menos, eu síntoos ben próximos. Claro, pero eu non son filólogo.

Foron 16 que dixeron... to “San Martín de Trebello, o máis grande do mundo”

  1. Rodrigo Says:

    E alguén pensa que non se pode facer nada desde aquí? unha amiga da miña nai organiza intercambios escolares con esta zona.

    Non sei o ben que está a sair a experiencia, pero seguro que lles axuda a sentirse menos aillados e comprender, mediante a convivencia cos galegos, que compartimos moitas cousas e que a súa cultura forma parte dun mundo máis amplo.

    Coido que moitos estremeños veranno como unha anécdota cultural, que hai que protexer pero que non deixa de ser un asunto menor. Para nós debería significar algo máis.

    Graciñas polos vídeos.

  2. náufrago Says:

    iso si que é documentar. Noraboa.

  3. David Says:

    Grandísimo o documento! Parabéns!!

  4. acedre Says:

    Eu xa mirara o video do home hai tempo pero non lembro onde.
    Eu tenho na casa o libro “Seis sainetes valverdeiros” e e unha gozada.
    Gustama A Fala.

  5. flachses Says:

    mais se perdeu en asturias… milleiros de galegofalantes desapareceron en dúas xeracións.

  6. esmel Says:

    Mutas Gracias por tel em conta nos vossos pensamentos i accios a minha terra O VAL DE XALIMA.
    Necesitamus toa axua pussibli, quue a Estremaura nos nega.

    Soidi a tos os galegus de bem

    Esmel

  7. Joel Says:

    Ola. Escrevo em português, espero que compreendam. Estou a descobrir agora a Fala e gostava de saber se têm algum documento ou site que eu possa ver sobre esta língua tão parecida à minha. Estou muito curiosa. Eu conheço Galego e não é tão parecido como a Fala.
    Gracias. Joel (Portugal)

  8. opaco Says:

    Ola Joel, têm o google, não chega? E quizais não seja tão parecido ao seu português, pero é tão parecido ao galego, que no primeiro video apenas quando o senhor diz que é da Estremadura ficamos curiosos. Saúdos desde a Galiza

  9. may Says:

    Iscritu in lagarteiru:

    Hola, ei so da´s Ellas. Quiria idel que mus gusta que vus interesheis pur a nosa fala, pero tamén me gustaría rivindical que nun temus na que vel cun a terra galega. E algu que nos hemus conservau duranti us siglus sin niñun tipu de aishua y ago nun mus pareci na de ben que alguen mus queira fel seis. Cun istu nun queru idel que istemus cerraus a novas fronteiras, pero si que nos temus unha identidai propia que nunca vamus a rinucial a ela.
    Saludus a tos y vus invitu a que vishiteis u Val de Xálima y a Serra de Gata que e digna de vel.

  10. laura mariño taibo Says:

    Son filóloga e teño feito un curso de doutoramento sobre a Fala. Quizais non sexa galego propiamente dito mais é innegable que se trata dunha variedade desta lingua. Despois de todo o estudado (teño feito un traballo sobre a toponimia do concello de Ellas), penso que é incuestionable a vinculación da Fala co galego. Nunha postura intermedia (e para non entrar en debates), diria que a Fala é unha variedade descendente do antigo tronco galego-portugués, levada alí polos colonos (de orixe galega) no século XI ou XII (non lembro ben agora), que se mantivo viva polo illamento do val.
    As persoas galegas que defendems a Fala non pretendemos alienar nin moito menos os habitantes das Ellas, simplemente axudarlles a reinvindicar a súa lingua e a súa cultura que, queiran ou non, ten relación coa galega. Pq tanta negación a negar o evidente? Quizais pola mala consideración que a terra galega e a sua cultura tivo durante séculos?
    Unámonos e loitemos xuntos, esa é a postura máis práctica e sensata.

  11. Marco Biassoni Says:

    hola, dou italiano e tenho de fazer unha tesis sobre a fala de Extremadura, queria saber si alguien possa darme algun conselho sobre onde posso comezar a buscar. moito obrigado.

  12. laura mariño Says:

    Para o italiano que precisa información. A persoa que mellor te pode aconsellar é o profesor da universidade de Vigo Xosé Henrique Costas González (xcostas@uvigo.es). Eu tamén teño bibliografía de interese (son licenciada en filoloxía galega e fixen un traballo no doutoramento sobre a toponimia do val das ellas) mais, sen dúbida, o profesor Costas proporcionarache bos consellos (foi profesor meu e é un home moi agradábel).
    Douche o meu correo (lmarino@udc.es)

  13. Xouba Says:

    Acabo de ver na TVG un docunmental q vos recomendo,non sei se o conseguiredes nalgun lugar pero se e asi no no dubidedes.Tamen digo q despois de ver iste documental igual tiñamos q apremder nos os galegos distes irmans estremeños q sen o apoio insticional,sen ter presenza na educacción, e sen unha normalización da lingua conservan e manteñen viva esa “fala”. O titulo do docunmental e “A TERCEIRA PÓLA” sinto non poder achegaros mas información. deica

  14. Lagarteira Says:

    A Fala nun e Galego desdi u siglu XVI, cada lugal ten a sua propia fala y siguin vivas sin a ayua de u gobernu galego. ¿Ten raidis de u Galego? Sí, igual que de u Portugués, pero fai muto tempu que a nosa fala se foi transformandu y adecuandosi as necesidaíes de sus hablantis.

    Más información:
    http://www.proel.org/lenguas/fala.html
    http://www.proel.org/articulos/fala.htm

Trackbacks/Pingbacks

  1. demares » youtube, e a lingua de san martin de trebello
  2. Cousas de xentiña » Blog Archive » A fala é galego

Fala sen medo