Unha das tecnoloxías que se popularizou na rede na segunda metade do pasado ano foi a da xeolocalización, e o grande culpable deste éxito foi o google maps e as súas ferramentas, facendo posible utilizarmos os seus mapas de xeito libre para desenvolver aplicacións xeoespaciais ou integralos nas nosas páxinas.
Agora a novidade é que o google maps ven de integrar no noso país os mapas que xa tiña coas direccións das rúas, ruelas, prazas, camiños dunha chea de lugares. Agora poderemos procurar, por exemplo, a porta do sol, vigo ,españa e ubicaranos a Porta do Sol deste xeito, ou dicirlle que nos leve ao número dez da Gran Vía, tamén en Vigo, ou que nos guíe ata a praza de María Pita na Coruña.

Unha das mostras das potencialidades que ofrecen todos estes datos xeográficos vémola en tirando líneas, o blo de Jacobo Tarrío, no que ao fío do tremor de terra desta mañá pasada, e utilizando a ferramenta que pon google á súa disposición xunto cos datos que obtén do instituto xeográfico español ven mantendo unha páxina na que nos amosa un mapa de sismos que afectan á península ibérica e arredores, onde podemos localizar o epicentro do tremor que se deixou sentir ao norte de Malpica así como as súas réplicas.

Así que, unha vez vistas as posibilidades de todos estes datos xeográficos, aproveito para pedir, doutra vez, que se asine para a modificación da directiva europea INSPIRE e que os datos que as entidades públicas recollen cos nosos impostos sexan públicos e poidamos utilizalos sen barreiras de ningunha clase.

Actualización: E esta noite, engadidos os mapas de estradas de case que toda Europa.
Mira aquí: http://www.tagzania.com/item/13286
Tagzania ya en portugués, y en catalán, no aun en gallego…
Pois xa vai sendo hora ;-) O certo é que non me decatara de que non estaba en galego, pensaba que xa o tiñades en galego… e era portugués. Parabéns polo voso grande traballo Luistxo.
boísimo este post señor opaco. da gustiño terte ao lado, és como un miragre
apertas ós tres
chiu