Organización
A pesares do temor de algunha, non fixo falta moderar á moderadora e, no que puiden ver antes de marchar ás presas, deron un par de mesas redondas das que o mellor que puiden tirar foi o de escoitar coas súas propias voces a recoñecidos blogueiros falar da súa experiencia na arañeira.
O que máis me chocou foi o feito de que antes de que comezase ninguén a falar podíase ver no proxector un windows enorme en castelán (debesen saber que tamén o hai en galego) cun Explorer tamén da Mocosoft (que deu os seus problemas cuns pop-ups que había tempo que non os vía diante)
Do que falaron pódese ver case todo na páxina do Enblogs incluindo as presentacións que fixeron os participantes, e algo máis conforme pasen os días poderase tirar do Technorati, anque como neste momento non vai, será mellor consultarlle ao Icerocket para ver do que se falou. E as fotos, por suposto, no Flickr, incluindo ao Martin Pawley co seu premio, que viña de recoller.
Mentres alí estiven, pareceu que chamaron a atención os mapas que incluiron nas súas presentacións Catuxa e mais o Isaac, así que antes de marchar a correr para o norte pola autoestrada deixo aquí o mapa das miñas conversas na rede.

O orixinal, aquí. É totalmente interactivo, probade coa dirección da páxina da que queirades saber algo máis, dádelle co rato en todo o que se amose e arrastade todo o que se mova…
A mellorar para a próxima, a miña organización.
Abril 20th, 2006 at 4:50 pm
[...] Cdigo Cero: Juan Varela substite en Santiago o termo “blogs” polo de “identidades de dominio pblico Cdigo Cero: Analizan a situacin do blogomillo nun encontro organizado polo Consello da Cultura Galega Agnix: O que vimos no Enblogs’06 O Paco: Organizacin B2OB: regularidade na diversidade Sequeirox: as ponencias Periodistas21: gallegos de dominio pblico Post Scriptum: super-em-contra dos congressos Outeiros: sobre blogoteca Flickr: tag enblogs (includa unha foto de Ascrida!) Comunisfera: encuentros particulares Tamn mencionouse no mename e en carballodixital, o demo me leve e openblogs. [...]
Abril 23rd, 2006 at 7:46 pm
jejeje, vaya mareo con el el mapa y el ratón…tú debias estar trazando las carreteras galegas :P
Me alegro de la reunión.
Marzo 17th, 2007 at 2:47 pm
[...] Organización [...]