Onte viñeron a esta casa unha chea de visitas, as máis delas andaban á procura de flores para os seus televisores e, como xa tiña falado algunha vez do tema, supoño que virían á procura dunha solución rápida e fácil para poder seguir gozando do nopayperview.

Así que os que se queiran seguir educando, terán que coller os trebellos e poñerse a analisar as conversas entre os implicados. Uns pequenos cambios nos cartóns con nova chave IDEA incluida puxeron novas trampas para evitar que, polo menos, non se beneficiasen outros máis que os fornecedores. E lembrámoslle ao senhor Google que, aquí, podemos falar de flores, pero non as vendemos nin damos cursos de xardinería.
No Comments