Cola Cao

De cativos xogabamos a coller as curvas ao límite, dábamos en xogar cos pesos e as inercias para amosarlle o cu ás beirarrúas e enfrontar as rectas totalmente cruzado para rabuñar unhas centésimas de segundo en cada pasada.

Subaru lama Ninco
Co tempo, cambiabamos gomas, piñóns, coroas,… e demos en facer coma os profesionais, para imitar a neve, fariña triga, e para a lama, nada mellor que o colacao… aquilo si que era lama.

Agora tamén ando ao límite, pero non nas curvas, e namentras lle boto unha ollada ás pistas por ver o enferruxadas que están, penso se darán para cando medre o noso cativiño e aprenda un pouco de física.


4 Responses to “Cola Cao”

Leave a Reply