Todo canto poida aprender opedro na gardería, ben aprendido está. Podería falar do artigo trece da Lei de Normalización Lingüística como xa o fixeron outros, pero vou pensar na riqueza léxica.
Así, antes de caer coa gripe, opedro só tiña unha palabra para nomear aos cans; isto era: can. Ademais do virus tamén chegou unha palabra nova: perro, e non sei como nin porqué pero eis que os cans coñecidos, son aínda cans, pero os novos que poida ver pola rúa, agora sonche perros.

Non sei se ten claro que son a mesma cousa; cando eu falo dun can, el di, perro? e cando falo dun perro, el di, can?, pero para confirmar, agarda uns segundos e di, uau, uau…
Quizais no plano de enriquecemento léxico da súa gardería estea contemplado que logo aprenda a dicir dog ou Hund. Terei que preguntar.
Nas garderías sempre pasa o mesmo. Enfócao polo lado do enriquecemento lingüístico. Mellor será.
Bicos.
iso non e problema, opedro pode aprender hasta chino, nistes momentos…
e estará moi simpatico cando diga okai güï…etc.
o can seguirá sendo can, non se esquecerá .
bicos
Dende logo e unha pena que chegue a perder o seu galego. Por outro lado vai aprendendo novo lexico que non esta mal. Eu procurei sempre saber o significado das palabras galegas en castelan e ao rives e levei e sigo levando sorpresas. Na minha casa chamamos croques aos berberechos, mesmo falando en castelan, e tinha uns vinte anos eu cando souben que croques e berberechos eran a mesma cousa.
Gracinhas polo comentario no meu blogo que tamen poderia chamarse que sera? como o teu antigo porque nos EEUU cobran 400$ pola fotinha do escaner e como que e millor non saber se e neno ou nena.
Un saudo.
Polo que teño escoitado a amigos, os cativos que van a coles en que a maioría dos amigos falan castelán, falan castelán con todo o mundo até que teñen idade de decidir conscientemente o que queren facer. Iso si, cando os profes preguntan quen sabe como se di tal cousa en galego, sempre son os primeiriños en responder. É o que hai!