Influenza
Disque non chegou a gripe. Pola gardería de opedro é por onde tería que pasar esta boticaria que, anque non quer mal a ninguén, laiábase de que aínda tiña no seu almacén as menciñas que pide todos os anos para facer fronte ao andazo.

Agardo a que o paracetamol faga o seu efecto e baixe este quencemento global, que anda a afectar desde os polegares dos pés ata os escachapiollos das mans. E falando de piollos, visto que opedro anda o coller todo canto virus hai na súa escola, só espero non ter que escachar nin piollos nin lendias.
E así que pasen estes mareos… coche, e cama, que son cento vinte quilómetros para chegar a casa, contarlle a opedro o de,
Este é o meniño,
este é o seu sobriño,
este é o maior de todos,
este é o furabolos
e este é o escachapiollos.
e pechar os ollos mentres el ri a conta dos seus dediños.
Marzo 18th, 2006 at 10:35 pm
pobrete, pero salirá más sanote, es una forma de reforzar defensas, lo inmunológico y eso (dicen).
los “efectos colaterales” del papi contagiado seguro que serán peores.
ánimo y besos.