Jenny

Por fin chega o bo tempo e con el os primeiros folletos para reservar as vacacións á nosa caixa de correos. O primeiro en chegar é, coma sempre, o da Jenny, un centro naturista na Gironde. Nunca estivemos alí, pero desde que chamara hai uns anos para pedir información, envíannos por estas datas as súas ofertas. Temos moi boas referencias del, e se decidimos ir aló, teriamos que reservar xa mesmo, pois vai por dúas veces que non puidemos ir; xa se sabe, os alemáns teñen xa reservadas as súas vacacións por estas alturas de ano, pero 1000km en carro son moitos para un cachorriño, que agora é o que goberna.

Piscina@Jenny

Boto unha ollada á súa páxina a procura de novidades e vexo que os animadores para nenos falan francés, inglés, alemán e neerlandés cando no Euronat era só francés e alemán. Non hai problema ningún, a opedro dálle igual a língua que falen os outros nenos, como se falan chinés.

Teño ao meu carón outro catálogo, este é do Euronat. Lembro da derradeira vez que estivemos aló vendo xogar aos nenos nas aulas de teatro e pintura que comentabamos que se algunha vez tiñamos fillos, o ben que o podían pasar aló, o defecto que lle atopamos agora é que está aínda máis ao norte.

nenos@euronat

Volvendo ao mundo real e ollando cara o sur miramos pola posibilidade de ir ata Sagres onde unha parella de amigos British teñen unha casa que nos prestarían. Aínda son moitos quilómetros. E Sesimbra? Non está tan lonxe, quizais fagamos unha visita no mes de maio. De aquí a alá percorrerei mentalmente mil veces os traxectos, imaxanando etapas e quendas ao volante agardando só por que non haxa ningún contratempo.

2 Comments

Deixa unha resposta

Your email is never shared.Required fields are marked *