Xeográfica

Non foi hai moito tempo que asinei unha petición para a modificación do proxecto da directiva europea INSPIRE sobre o acceso a datos financiados cos nosos cartos. Centrada nos datos xeográficos recollidos e que pagamos cos impostos cos que contribuimos ao financiamento público, consiste en solicitar que estes datos poidan ser utilizados por cidadáns e empresas que os precisen, sen barreiras de ningunha clase, xa que son recopilados cos nosos cartos e baixo o noso mandato.

Un xeito de amosar as posibilidades da información xeográfica libre é a que veño a coñecer a través de barrapunto. Un novo servizo na rede chamado Geonames ofrece información xeográfica baseándose nos mapas do google e mais nas bases de datos xeográficas militares. Pero onde destaca este servizo é que a base de datos é aberta e, polo tanto, pódese corrixir e mellorar, cousa que ningunha das nosas administracións ofrece.

Hai un traballo enorme por facer nos mapas da nosa terra, onde a localización de moitos accidentes xeográficos non é o precisa que debería, así como a normativización de moitos nomes de poboacións. Eu xa aportei algo, sustituíndo representacións gráficas de sons guturais que non existen ou eses is gregos que tanto danan á vista e colocando no seu lugar nomes de poboacións que colocaban no medio do mar.

A Coruña en Geonames

Cuns cantos datos máis, fixeron uns servizos web que nos permiten conseguir os códigos postais próximos ás coordenadas de Pontevedra, as localidades e accidentes xeográficos que teñan ese mesmo nome, ou datos sobre un código postal da Coruña.

E lembra, se se aproba, INSPIRE consagrará unha política pola que se nos cobrará por información que xa teremos pagado cos nosos impostos.


6 Responses to “Xeográfica”

  • F. Miguez Says:

    A Unión Europea está a dar noxo, de neoliberais estamos a parecernos cada vez máis ós EEUU. Co bonito que parecía aquilo de tódolos europeos unidos, e tal.

  • opaco Says:

    Estámosche bos, pois a única base de datos pública onde podes conseguir a latitude e a lonxitude dunha aldea galega, como pode ser Burgueira, no Rosal, sexa dos militares americanos.

  • siloam Says:

    uff, encima vigilados (los militares yankis hacen sentir eso)

  • chiu Says:

    releches, que interesante.
    PA LA SACA!
    aperta meu

  • Opaco » Blog Archive » Latitude, Lonxitude Says:

    [...] Así que, unha vez vistas as posibilidades de todos estes datos xeográficos, aproveito para pedir, doutra vez, que se asine para a modificación da directiva europea INSPIRE e que os datos que as entidades públicas recollen cos nosos impostos sexan públicos e poidamos utilizalos sen barreiras de ningunha clase. [...]

  • Opaco » Blog Archive » Garabato de Breogán Says:

    [...] E agora, utilizando os datos de geonames, do que xa temos comentado algo por acó, vén de engadir á súa colección os mapas dunha ducia de países máis, e entre eles o mapa de España, do que di que a distribución dos códigos postais é interesante, onde moitas das liñas que se fan para unilos non se cruzan, coa única excepción de Galiza, que destaca por amosar a estructura dun garabato moi denso. [...]

Leave a Reply