Día un: Olá, Olá
Non lle dá tempo a moita cousa na hora e vinte minutos que pasou alí onte e mais hoxe. Súpolle a pouco, seica quería máis, pero está na fase de adaptación á gardería, que é como lle chaman a isto de que estea alí só unha hora ao día durante a primeira semana.

O seu primeiro día era tamén o primeiro para outros dous nenos que entraron a chorar e saíron aos cinco minutos aínda chorando. Disque os primeiros días, se choran, volven cos seus pais ou quen for a levalos, que mentres tanto agardan fóra. Hoxe, un deles volveu repetir e, aos cinco minutos fóra. Eu a isto chamáballe tolerancia cero.
Do que alí dentro pasou, nada contou. A única resposta foi á pregunta de qué lle dixera aos nenos no cole. El di, olá, olá!
Polo de agora estivo alí máis tempo do previsto. Gústalle explorar novos territorios. Apilar, que é como se chama a súa educadora, di que é un fervello (ben, dixo que é moi inquieto).
E neste proceso de integración chegará a pasar na gardería o día enteiro, desde as nove até as catro e media, xantando e durmindo a siesta alí. Isto último vai ser difícil mentres non pase un tempo e se convenza de que ten que facer coma os outros nenos. Para o xantar non haberá problema, come de todo e, cando digo todo, é todo, o que significa que nunca botou ningún alimento fóra da boca porque non lle gustase, co que sería unha sorpresa se nos dixesen que non come.
Outros teremos que facermos a idea para pasar a hora do xantar sen ter coidado de que fai o fervello, no desacougo da tranquilidade. Estamos noutra xeira, e haberei contar como nos vai.
Febreiro 15th, 2006 at 12:06 pm
O sea que o meu Pedriño xa empezou a guarderia…Alégrome muito.
Non entendo eso de que si choran fanos fora… É a primeira vez que o sinto en toda a miña vida de mestra.
(Simplemente creo que así non se acostumbrarán nunca, pero é verdade que cada maestrillo tiene su librillo…)
Bicos o meu neno…e a os seus pais.
Febreiro 15th, 2006 at 12:45 pm
Xa se ve que é sociable e curioso. Iso está ben. :)
Febreiro 15th, 2006 at 9:06 pm
Fervello debe de ser a palabra que máis veces me chamaron nos meus primeiros… ¿4-5 anos de vida?
Saúdos.
Febreiro 15th, 2006 at 9:11 pm
…queremos unha webcam xa!!!
Febreiro 15th, 2006 at 11:39 pm
eh, campeón!! o ri será en nada . muackssss :)
Febreiro 15th, 2006 at 11:40 pm
o rei do manbo, digo… ;)
Febreiro 18th, 2006 at 10:00 pm
olá!olá!!!! ;)
qué riqiño opedro…xa ten novia, seguro…
Febreiro 22nd, 2006 at 10:56 pm
Canto tempo!!! Se mal non lembro polos días do alambique, opedro nacera máis ou menos pola mesma altura que a nosa pelacha, e xa pasou máis de ano e medio. A nosa non foi aínda á gardería e tamén non fora o pelacho cando comezou no cole. Todo o mundo nos dicía que había de ser traumático e non o foi. Igual que dicían que o pelacho había ter ciumes da irmá porque era o natural e tamén non os tivo! Cada nen@ é un mundo, afortunadamente.
Alégrome de saber de vós, agora que volvo atopar un tempiño para andar a tecer