GPS en galego
De sempre me gustaron os mapas de estradas, cando ía sentado cos meus irmáns no asento de atrás e iamos por un lugar descoñecido eu era o que ía co mapa, pero iso foi hai bastantes anos e agora non é tempo de negar a utilidade dos sistemas de navegación nos coches.
E aínda que hai xente que, a cotío, o leva aceso para ir traballar, ou para entrar no garaxe como aparentando ser máis por teren un GPS, o certo é que para a circulación por estradas polas que non o facemos habitualmente, convértese nun sistema moi útil para chegar ao noso destino.

O meu copiloto na estrada é o navigator de tomtom montado no Treo, e á vista da súa facilidade de utilización e a súa cartografía, aínda que un pouco cativa en moitas zonas da noso recuncho, presenta un avance moi grande respecto ao que había hai uns anos. Así, só hai que fixarse un pouco máis nos compañeiros de ruta para ver o seu éxito, e tanto polos seus dispositivos autónomos, coma o software para PDAs, ou ben para teléfonos móviles (só para Symbian e Windows), os de tomtom teñen algunha solución de navegación GPS que se adapte ás necesidades do conductor.
A pesares da súa utilidade, estes aparellos tamén poden ser perigosos se o conductor desvía a atención da estrada para a pantalla. O ideal é configurar o destino antes de comezar a ruta para só seguir a instruccións de pantalla apenas cun chiscar de ollos e escoitando as instruccións faladas, e eis aí onde é que están as novidades.
Despois de todo este tempo cambiando as preferencias de voz para ir escoitando as ordes (en 200 metros xire á dereita, colla a segunda saída da rotonda,…) en todos as línguas tanto coñecidas coma descoñecidas , foi que, hai algo máis de dúas semanas, ferscrich publicou en La Radio BBS as voces guías para o tomtom navigator en galego, e de xeito que cada unha das que trae por defecto ten un nome, preséntovos ao Antón , que é a voz masculina,
- Antón para tomtom navigator, tanto para palm coma pocket pc.
- Antón para tomtom mobile, para os dispositivos tomtom go e one e mais os teléfonos con windows.
- Antón para tomtom mobile, para os teléfonos con symbian.
e mais á Malena, que é a voz feminina,
As voces veñen nun executable que, ao executalo, se descomprimirán onde llo indiques. Só terás que copialas no directorio voices da túa tarxeta. Na súa páxina tamén poderedes ver instruccións máis detalladas e as voces de guía en catalán, castelán e basco.
Boa viaxe.
Febreiro 13th, 2006 at 9:41 pm
…vaia!!! …fantástico!!! …e terá a sorna propia? (…pero vostede… ónde que ir?) XD
Setembro 27th, 2006 at 10:16 pm
Pódesme decir,como podo poñer as voces no aviso dos radares.Una perta.Lois
Setembro 27th, 2006 at 10:31 pm
Neste pacote só van incluidas as voces de navegación. Os POIs (p.ex. radares, estacións de servizo, hoteis,…) teñen voces diferenciadas, ou, en caso de non ter asociada ningunha, pódese seleccionar un son do sistema.
Novembro 14th, 2006 at 7:01 pm
noraboa¡¡, un galego que felicita polas voces para o meu hp6515 o o meu tomtom6, ainda que non teño moi claro como debo instalalas, voy intentalo hoxe.
saudos dun galego exiliado no madrid
Febreiro 15th, 2007 at 1:46 am
[...] Paro a cavilar e seica tamén é polas aplicacións dispoñibles, por non ter causado neste tempo máis que cinco ou seis resets, iso si, inducidos; pola resolución da pantalla e polo seu brillo, por, a falta de umts e wifi, zafar tan ben co gprs, polo agendus, polo splash id, polo worldmate, polo metro, polo butler, polo bejeweled, polo tomtom, polo warfare incorporated, polo docstogo… e tantos outros. [...]
Marzo 4th, 2007 at 3:15 pm
buaa meu, vai caralludo, ademáis podes modificar as fotos dos jichos que falan jaja elixe españa ou galiza
que caña
Xaneiro 28th, 2008 at 3:41 pm
Boas!
Voume atrever a as instalar no meu nokia e65 co módulo gps. Graciñas pola información!! Saúde/os!