Monthly Archives: Xaneiro 2006

Parking Lot

Xa estivera no Aquarium, pero hoxe era a primeira vez que ía á Domus e, se na casa dos peixes foi sorprendéndose cos peixes, na casa do home, gozou coma un macaquiño; case temos que levarnos a bola de futbol, na discoteca foi o rei da pista e tivemos que marchar de onde o escachanoces,

Multanova

Leo que roubaron un radar dos que a DGT anda a poñer nas estradas da súa competencia e entérome de que, cada un, custa, unha vez instalado, uns 77.000 euros. Os responsables do Tránsito din que a instalación destes radares reduce a siniestralidade nos lugares onde se colocan, así que van poñer ata 500 deles

R e a TDT

Os que temos R, con todas as vantaxes da fibra óptica, deberiamos estar de noraboa. Veñen de anunciar que, a partires do 20 de febreiro, van distribuir de xeito gratuito os novos canais que compoñen a oferta da TDT. E se coa implantación da TDT supoñíase que avanzabamos cara a dixitalización da televisión, as cousas

DiSEqC

Desde que o noso cachorriño pasea, corre e baila por diante da televisión, o tempo que pasamos diante dela minguou moito. Aínda así, e co conto de actualizar a oferta televisiva que recibimos en casa, levaba uns días educándome noutros eidos pola curiosidade de botarlle un ollo á oferta da Premiere e mais por saber

Hey

Eran outros tempos, Frank …putas á miña porta putas na miña cama… Éranche tempos de moitas cervexas, moitos porros, moitos desfases. E ao fondo sempre soaban os Pixies. Moi ben nenas, alegrástesme o día, aínda que nos botabamoslle outro xeito. We’re chained e é que hai cousas que non se esquecen.

Cancións

Dicía que había nenos que lle daban patadas ao velo na rúa, cando, nas primeiras visitas ao pediatra, opedriño non facía máis que rir, pero agora, agora xa o ten controlado. O home que non fai máis que torturalo, meténdolle pauciños ata a gorxa, iluminando con luces cegadoras os seus ollos e aplastándolle o bandullo,

Ligações

Desta vez non tiven que ir até Braga. Na última vez que estivera alá fora diante dunha imperial e con boa compañía. Ían e viñan as conversas e nunha delas foi que me contou que tiñan pensado establecerse ao norte do Miño e así, demos en falar do que os portugueses coñecían dos seus viciños