Grandes apertas
Estaba actualizando os meus neuronios cando din con parte dunha carta que escribiu ao Diari de Tarragona o home da muller e pai dos tres nenos que morreron nunha nunha explosión.
Sólo me queda un pequeño consejo para todos, abrazad a los vuestros, abrazadlos siempre que podáis. Aquel beso que no se da, se pierde para siempre. Sin amor no hay nada, os lo aseguro.
Non sei que dicir, lin algo máis e a miña gorxa faime saber que está aí. Por un momento, vou sen rumo de ligazón en ligazón sen saber cara onde vou, cando, de súpeto, dou, cun só clic, coa realidade, unha da casa Gorka Limotxo, que comeza cun curso de francés, Écoutez et répétez, para mellor sabermos o que está a pasar en Francia, e á vez, descubro que a vida segue, cun sorriso imposible, lembrando que os humanos temos a capacidade neuronal de esquecer situacións traumáticas, así que, polo de agora, voume concentrar no de aprender francés…

…hoxe dinlles unha aperta ben grande. Opedriño respostou con risadas, mamiña sorriu.