Monthly Archives: Outubro 2005

Ás presas

As presas non son boas, xa mo di meu pai, que disque á toupa, por facer os fillos ás presas, saíronlle cegos. E sen pausa para coller aire, nunha hora sairei do choio e recollerei a opedro e á súa nai para irmos alén do Miño, até o Douro, apenas para que opedro lle colla

Treonauta

Son moitas horas roubadas lendo reviews na arañeira para tomar unha decisión con xeito. Ata hai uns días, os candidatos reducíanse a dúas opcións; seguir co mesmo sistema operativo e a súa fiabilidade mais os seus inconvenientes, ou pasarme ao lado escuro coa súa potencia e mais as súas taras. Por facilidade, rapidez de uso

Escapando pola fiestra

Onte opedro foi convidado ir unha festa de cumpreanos; a primeira á que vai. Ela, a que fai os seus primeiros once anos, é unha das do grupo de nenas do parque que máis bicos lle piden a opedro. Como opedro e mais unha primiña dela non lle ía facer gasto, a agasallada fíxolles un

Orografía dixital

Na derradeira reunión da comunidade de viciños comentei a posibilidade de facer algo para podermos ver a televisión dixital terrestre (nas antenas colectivas hai que instalar un amplificador de sinal). A resposta foi que a maioría ten R e non interesa. Mentres tanto, os gobernos seguen a vendernos a irrealidade dunha rapidísima implantación das novas

No feirón

Tiña ido moitas veces á feira mais apenas para ver o que alí trataban. A pesares de que nunca tantas mercadorías vira na miña vida, non paraba a falar cos tratantes. Eran tantas as xoias que alí había, que non era máis que correr de posto en posto coa boca aberta. As miñas primeiras compras

Schweigen ist…

Uníronse para sempre con confianza; ela estaba a prepararse para ir a algures e aínda había tempo. Ao longo do día el, e tamén ela, estiveron agardando por aquelas palabras que non chegaban, e o día pasou. Na hora de durmir e entre soños, non se decataron de que, entre o silencio, o sono os

Estatut

Outra vez ando abafado co choio, así que teño pouco tempo para me informar do que pasa por aí fóra. Ollando, que non lendo, o xornal, quedoume unha imaxe na retina… …e non hai quen me aclare se é certo que rifan polo estatut.