Batalla ga�ada…

Primeira batalla ga�ada, despois de visitas e m�is visitas dos gardi�as, os da pedra marchan en retirada, marchan para outro choio ante a imposibilidade de continuar con esta desfeita. Fixo falta a axuda dos vici�os e m�is da familia, todos diante da retroexcavadora coa intenci�n de que non puidesen erguer o valado. Alg�n dos gardas ata nos comentou que era a �nica cousa que podiamos facer, xa que unha vez feito o encerrado s� poderiamos agardar a que un xuiz decidise o derrube, e entrementres, o �nico xeito de chegar � nosa leira para apa�ar as patacas ser�a nun helic�ptero ou invadindo os campos dos vici�os e non pola servent�a que se ven facendo desde tempos da Primeira Rep�blica.

O seguinte cap�tulo comezar� o cinco de setembro coa aportaci�n de toda a documentaci�n recopilada ao xuiz. Hoxe sabemos, despois de mover montes e moreas, que na escritura de propiedade que o destructor do noso patrimonio aportou para a licencia municipal consta que pola s�a finca pasa un cami�o de servicio para as leiras ao norte da s�a, adxuntando planos de situaci�n na que o valado elimina o cami�o. E a conceller�a de urbanismo do Concello de Vigo autorizou destruilo, confirmando que nin se molestaron e ler a escritura para otorgarlle a licencia de obra. E estes son os que gobernan o patrimonio m�is inmediato…

Seica temos todas as de ga�ar e en casa sospeitan que agora tentar� arranxar polas boas… a mi�a t�a xa botou algunha risada e iso � o mellor.

Neste enfrontamento apr�ndense cousas; que en agosto non deberiamos pagar impostos, o Concello non existe, a Xustiza tam�n de vacaci�ns e ata a Asociaci�n de Vici�os desaparece, e isto � algo que ata os pir�manos co�ecen.

Quizais moitos destes problemas se evitar�an se nas fronteiras exteriores se puxesen cartaces informando aos especuladores de que ser castellano non exime do cumprimento do dereito civil galego.

No Comments

Deixa unha resposta

Your email is never shared.Required fields are marked *