Monthly Archives: Marzo 2005

Sen permiso

Agora vixío por detrás dos vidros se aquel trescentosnove volta estacionar no mesmo lugar. Á noite conectei por cabo para pasar unhas pelis ao Media Center e, ao pouco, vexo actividade na rede wifi que deixara aberta. Botei unha ollada ao log do router e mais do cortalumes e era el. Non lle debía parecer

Full ahead

Levamos case que toda a semana a prepararnos para o día no que hai cambio de horario. Fomos adiantando as horas para comer e a hora para deitalo. Co de comer non houbo ningún problema pero co de deitalo, as probas destes días foron abortadas ao comezo da misión. Non podemos dicir se é o

Lóstrego

Segundo vai medrando hai cousas que van quedando atrás, fago unha copia de seguridade e boto unha ollada ás fotos do pequerrecho de hai uns meses. Comprobo que era certo o de que o tempo voa, aquel cativiño que deu con nós tantas voltas anda agora á procura de novas sensacións a cada momento. Agora

Seguridade gratuita

Nunca fun de adorar ídolos, pero un amigo noso está a gañar moitos pontos para ser o meu. Ten que cruzar a ría todos os días, xa está canso de darlle voltas ao asunto e decidiu que era hora de pasar á acción. Cando chega á peaxe escolle a cabina onde haxa alguén pagando (para

O primeiro retrato

Pecho os ollos e percorro coa mente cada unha das curvas, das rectas, dos foxos, dos viaductos e das pontes deste carreiro que vai de Tui ao Ferrol e que nos debeu tocar nunha tómbola. Coñezo cada un dos lugares onde colocan o aparello fotográfico que flashea aos que transitan máis rápido do que está

Novo trimestre

Nunhas horas xa terá botado tanto tempo respirando este mesmo aire ca nós coma no ventre da súa nai. Mañá cedo, cando acorde, fará nove meses connosco, meses nos que se incorporou á nosa vida ata o punto de que os nosos días de tranquilidade remataron. Despois duns días nos que se apoiaba sobre a

Subscritores

Cando son moitas as fontes de información que consultas na internet, máis fácil que abrir páxinas a esgalla desde os teus marcadores (favoritos se usas o outro) é utilizar un lector de feeds. E se conecto á internet desde computadoras diferentes, a solución que mellor me pareceu foi o bloglines, que tamén me deixa consultar