Monthly Archives: Setembro 2004

109650259489694102

Acendo o portátil no salón para descargar unhas fotos, non me vou conectar así que nin sequera acendo o router e… descubro que teño conexión a Internet a través da conexión dalgún viciño. Investigo un pouco máis e vexo que hai dous puntos de acceso inarámicos totalmente abertos. Uso a súa conexión por un momento,

109641515233074805

O goberno español anda outra vez a voltas coas matrículas. Catro anos despois de impoñer o sistema actual, o ministro do interior pon o asunto a debate. Seica os principais opositores á implantación do “distintivo autonómico” son as empresas do sector de coches de segunda man, que no ano 1999 gañaron a partida aos partidarios

109615278454407868

O día non foi dos mellores, e hai algún problema por resolver. Estraño non me ter decatado antes, pero non pretendo traer a inocencia as miñas palabras. O mal está feito. Agora, o silencio da casa axuda a cavilar mentres escoito os ruídos dun verán que non quere marchar. Penso nos erros cometidos. Mañá será

109589629819554650

Aparte de dicir unha chea de parvadas na Universidade de Georgetown, o anterior presidente español amosou que para ser mestre en liderança global non fai falta saber distinguir entre o b e o v, algo moi útil para falar outras linguas que non sexan o castelhano. O que si debe ser importante para ser líder

109572235573313395

Un compañeiro dos anos da EXB dicía que o que máis lle daría polo cu de saberse infértil, sería ter gastado tantos cartos en condóns, millóns de pesetas, dicía el. Fixo xa un ano que deixamos de utilizar medios contraceptivos e vai facer un ano que soubemos da boa nova. E chegou un día en

109554793248266453

O tempo vai pasando e o noso pequenechiño xa está no seu terceiro mes de vida e vaise facendo grande. Na hora do cambio do pañal seica é cando está máis cómodo e calmo, pois ven de ir ao baño. Mentres está deitado, limpiño e espido, non ten que preocuparse en manter o equilibrio. É

109537688845671232

Conduzo un 318aut da marca bávara, o Mercedes aínda non o tiñan. Atopar a postura ao volante non me custa nada, hai outras tantas regulacións tamén para o asento. O que non me convenceu foi o do cambio automático, pero hei dicir que polas longas autoestradas faise moi cómodo, aínda que non sei se é