
Xa son máis de corenta e oito horas respirando o mesmo aire ca nós e opedriño e a súa nai están a facelo moi ben. Coas fortes dores que ten ao mover calquera parte do seu corpo, ela aínda tira forzas para facerlle aloumiños mentres el lle chucha os tetos, unha arte que xa comeza a dominar.
E eu, mentres tanto, perdín a conta das merdas verdes que teño limpado, só saín para evitar desnutrirme e para acompañar ás visitas a localizar a saída.
E aínda que non son canso de adoralo e como tamén temos que durmir, os seus tíos E e M trouxéronlle ao hospital a Tiger, un tigre máis pequenecho ca el, e que puxemos no cabeceiro do seu berce. Tiger, o pequeno compañeiro de Winnie The Pooh, pasa todo o día no seu berce coa única misión de vixialo mentres nós durmimos. Explicáronnos que o trouxeron porque non puideran traer ao Hobbes, o tigre amigo de Calvin, pois o seu creador, o Bill Watterson négase a facer «merchandising» coas súas criaturas. Para el son como fillos e eu, agora xa o comprendo.
No Comments