108742629558324838

17 Xuño 2004

Coa tecnoloxía dunha PDA Palm, unido via bluetooth a un móvil Sonyericsson Z600 usando redes GPRS podo escribir desde o hospital e comunicar ao mundo a seguinte información:

Hoxe non houbo ninguén neste planeta máis feliz ca min. Foi ver este homiño que está canda nós e explodín de ledicia entre bágoas. É indescriptible, sempre me dixeran que era unha experiencia única pero non puiden imaxinar que era isto.

Non leva nin doce horas connosco e todo é maravilloso. Mesmo até é emocionante o traballo que pasa para atopar o teto da súa nai pero na segunda tomada xa o fixo coma un experto.

Por mor da cesárea temos que estar por aquí até o domingo, así que, os que vaiades ás Crechas, ben podiades tomarlle un tróspiro á nosa saúde. Para a próxima irá un pailanciño.

E o de ver aos avós babeando co neto, outra maravilla.

E aínda que ningún dos nosos amigos sabe que tamén andamos pola web, graciñas por preocuparvos e polos vosos parabéns. E aos que seguides esta aventura diante dunha computadora, gracias por estardes aí.

O que comezou sendo Catuxa e despois foi Alexandre e vai ser o Pedro comeza unha nova vida. Que teña moita sorte. Nós vixiaremos para que sexa, polo menos, bo e feliz neste mundo tan complexo. Un máis únese ao clube dos bos e xenerosos…

Foron 3 que dixeron... to “108742629558324838”

  1. Cesare Says:

    Pero, vaites, xa podía vostede ir actualizando os post ao sistema novo…

  2. opaco Says:

    …actualizados ao sistema novo están, o problema é que, en blogger, as anotacións non tiñan títulos e dáme unha pouca preguiza modificar máis de 300 anotacións :P

Trackbacks/Pingbacks

  1. Opaco » Blog Archive » De aloumiños e carreiras

Fala sen medo