108734625294312632

Vimos de falar a través da liña telefónica. Son unha parella que casou hai catro meses e esta tarde apenas estivemos con eles. Foi no enterro da nai dela e a sogra del. Son tantos sentimentos, uns marchan e outros chegan.

Nun momento, durante o enterro, os nosos amigos pedíronnos auga. Corro cara unha cafetería , pido a auga, e compro tamén uns Werther’s Echte, como me dixera a miña princesa. Díxome que ademáis de auga habían precisar de azucre.

Falamos do mal que o pasaron estas semanas e de como se enfrentarán á volta á rotina. Pregunta polo neno e rimos. Lembra o dos Werther’s agradecendo o detalle… e dime que os teñamos informados.

Gústame pensar que os meus amigos son os mellores e que xa estamos na casa co pequenechiño de volta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *