Monthly Archives: Xuño 2004

108855229861469772

Estamos os tres no salón escoitando a Family, as luces están apagadas e a luz da lúa déixame ver as súas facianas. As fiestras están abertas e as nosas cavilacións enchen o espacio. Non é fácil, e o doado e máis maravilloso é estar nos bos momentos. É difícil non saber que facer cando non

108829703976230759

Vai para unha semana que vivimos na casa do Pedro e o leite da súa nai sábelle moi ben. E aínda que lle sabe tan ben e chucha con tanta ansia, ferméntalle e prodúcelle gases no seu bandulliño. Despois ven o esforzo por facer que todo ese aire que leva dentro, lle saia fora e

108803086409064406

Xa fomos onte a inscribir a opedro no Rexistro Civil, para que teña capacidade xurídica, sexa suxeito por dereito e quede inscrito nos libros da historia; así que agora, haberá que andar pendente da prensa para ver se o atopamos saíndo nos natalicios dalgún xornal. Onde sei que non o hei atopar é en El

108786326663067798

A comezos deste mes comecei cunha tarefa que hai tempo que tiña cavilado. Coma todos os anos, o meu pai fai anos no mes de xuño e, desta vez, fíxenlle un agasallo que xa me viña facendo ilusión desde hai tempo. Así que desta vez, fun quen de coller o teléfono e falar coa hemeroteca

108756253448780494

Xa son máis de corenta e oito horas respirando o mesmo aire ca nós e opedriño e a súa nai están a facelo moi ben. Coas fortes dores que ten ao mover calquera parte do seu corpo, ela aínda tira forzas para facerlle aloumiños mentres el lle chucha os tetos, unha arte que xa comeza

Coa tecnoloxía dunha PDA Palm…

Coa tecnoloxía dunha PDA Palm, unido via bluetooth a un móvil Sonyericsson Z600 usando redes GPRS podo escribir desde o hospital e comunicar ao mundo a seguinte información: Hoxe non houbo ninguén neste planeta máis feliz ca min. Foi ver este homiño que está canda nós e explodín de ledicia entre bágoas. É indescriptible, sempre

108738500888395174

Enviando desde a cafeteria do hospital. Ela, polo menos, sabe o que está a pasar no quirófano. O que máis medo nos daba, a cesárea, e eu aquí abaixo sen poder facer nada. Que impotencia. Só desexo que baixen ben os dous. Moitos bicos, meus amores.